Thomson Reuters
 
 
Asesoría & Empresa, tu portal de actualidad
Buscar
 
 
 
 
 
Jurisprudencia
 
 
Compartir por email
Imprimir
 
 

Sentencia T.S.J. Galicia 33/2010 de 27 de enero


 RESUMEN:

Impuesto sobre el Valor Añadido: Exención. No se admite la exención de suministro de carburante a barcos auxiliares, ni bateas y los servicios de guardacostas. No inclusión en la exención de este tipo de buques, que no se dedican exclusivamente a la pesca costera, ni a salvamento o asistencia marítima.

A CORUÑA

SENTENCIA: 00033/2010

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15270/2008

RECURRENTE: Saturnino

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./D.ª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e sete de xaneiro de dous mil dez.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15270/2008, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por don Saturnino, representado polo procurador don MIGUEL VILARIÑO GARCIA, e dirixido polo letrado don ALEJANDRO PEREZ SEREN, contra ACORDO DO 30-11-07

QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OUTRO DA DEPENDENCIA REXIONAL DE XESTION TRIBUTARIA SOBRE LIQUIDACION POLO IMPOSTO

SOBRE O VALOR ENGADIDO, EXERC. 2006. NUM000. É parte a Administración demandada o TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REXIONAL DE

GALICIA, representado polo AVOGADO DO ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.


ANTECEDENTES DE FEITO


 
PRIMEIRO.- Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

Segundo.-Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitaron o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

Cuarto.-Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 2.786Z53 euros.


FUNDAMENTOS XURIDICOS


 
PRIMEIRO.- O acto que se recorre é o acordo de 30.11.2007 do TEAR que rexeita a reclamación contra a liquidación do IVE ano 2006: non lle admiten a exencion do subministro de carburante a barcos auxiliares das bateas e os do servizo de gardacostas.

A AEAT e o TEAR consideran que os termos do artigo 22.tres Lei 37/92, que regulan a exención nas entregas de productos de avituallamento, non inclúen a estos tipos de buques -non se destinan exclusivamente á pesca costeira (DXT 26.07.2007) nin o salvamento ou asistencia marítima.

Segundo.-O recorrente sostén que subministra a buques da lista cuarta e octava, e que a actividade de acuicultura -bateas- debe considerarse como actividade pesqueira -de acordo coa normativa comunitaria-, e que os barcos do servizo de gardacostas realizan de busca, salvamento e loita contra a contaminación -Lei 02/2004-, polo que procedería a exención.

Compre distinguilos dous supostos: barcos auxiliares das bateas.

O recorrente sostén que, tanto na lexislación nacional coma na comunitaria, a actividade de acuicultura/bateas é equiparable a unha actividade pesqueira.

Examinaremos ámbalas dúas; a lexislación nacional está formada, básicamente, pola Lei 03/2001 de Pesca Marítima do Estado e a Lei 06/1993 de pesca de Galicia.

O artigo 2 da Lei 03/2001 define á ACTIVIDADE PESQUEIRA como: a extracción dos recursos pesqueiros en augas exteriores, así como a de crustáceos e moluscos con artes e aparellos propios da pesca. Están excluidos desta definición as actividades de marisqueo e acuicultura, e a pesca en augas interiores.

Non inclúe, polo tanto, a actividade das bateas que se regulaba na Lei 23/1984 de CULTIVOS MARIÑOS, que expresamente os definía como: a realización das acción e labores apropiadas para a reproducción ou crecemento dalgunha ou varias especies de fauna e flora mariña ou asociadas a elas, e o VIVEIRO coma artefacto flotante, a medias augas ou de fondo, ou armazón fixo ó fondo, no que se efectúa cultivo de calquera especie mariña por medio de cordas, caixas ou semellantes suxeitas a dito artefacto.

A lei 06/1993 de pesca de Galicia tamén inclúe a definición de VIVEIRO (art. 8.2) coma instalación ou artefacto flotante, a medias augas, de fondo ou de armazón fixo ó fondo, que soporta os elementos necesarios para realizar un cultivo mariño, cualificando esta actividade coma de ACUICULTURA - art. 58 e ss, distinguíndoa inequívocamente do que é a actividade pesqueira e de marisqueo; así resulta tamén do Decreto 424/93, regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca admisibles en Galicia, do Decreto 423/93 que refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, diferenciando nidiamente estas tres actividades, ou o Decreto 406/96, regulamento de viveiros.

Polo tanto, a lexislación nacional é clara en distinguir como actividades diferenciadas á PESCA do CULTIVO MARIÑO, se ben a normativa regula ámbalas dúas pola súa incidencia no medio mariño, e porque a lexislación pesqueira tamén se exende o que é a comercialización.

Inclusive o propio RD 1027/1989 establece esta diferenciación, xa que, na LISTA TERCEIRA se inclúen os buques de construcción nacional ou importados de acordo á legislación vixente destinados, á captura e extracción con fins comerciais de pescado e de otros recursos mariños vivos.

E na LISTA CUARTA as embarcacions auxiliares de pesca, as auxiliares de explotacions de acuicultura e los artefactos dedicados ó cultivo ou estabulación de especies mariñas.

Neste caso, os buques auxiliares das bateas están incluidos na lista cuarta, como barcos distintos dos pesqueiros.

Outro tanto acontece coa lexislación comunitaria- Regulamento CE núm. 104/2000 e 1571/2007 - que regula conxuntamente pesca e acuicultura, sen inmiscir ámbalas dúas actividades.

Entendemos que a única conclusión posible é a que sustenta a administración: a actividade de cultivo mariño (batea) non é equiparable, ós efectos do artigo 22.Tres Lei 37/1992 á PESCA COSTEIRA e, en consecuencia, o subministro de combustible os barcos auxiliares desta actividade non poden beneficiarse da exención do IVE que regula este precepto.

A mesma conclusión debemos facer para o caso dos subministros os barcos do servizo de gardacostas galego; o artigo 22.Tres citado esixe para aplica-la exención que se trate de buques afectos EXCLUSIVAMENTE Ó SALVAMENTO OU ASISTENCIA MARÍTIMA e chega coa lectura da Lei 02/2004 para observar que as función atribuídas a este servizo abranguían as de: a) inspección, tanto da actividade pesqueira como do que afecte o medio mariño, b) funcións preventivas (preservación do medio mariño) e c) paliativas (actuación de salvamento e loita contra a contaminación mariña).

A importancia cualitativa das funcións INSPECTORAS da actividade pesqueira (proba disto é a Lei 11/2008 que suprime o servizo de gardacostas e volven a ser un servizo de inspección e vixilancia pesqueira) impiden falar de afectación exclusiva a salavamento ou asistencia marítima.

A consulta 44/2002 da DXT recolle: Según doctrina de esta Dirección General las actividades de salvamento y asistencia marítima son las que tienen por objeto socorrer o auxiliar a personas, buques o embarcaciones en dificultades incluyéndose en ellas el salvamento de la tripulación, viajeros y sus equipajes o cargamentos de los buques, así como las operaciones de practicaje, remolque, amarre y desamarre de buques y embarcaciones.

Xa que as exencións deben ser obxecto de interpretación restrictiva - art. 14 Lei 58/2003 - é obrigado rexeita-lo recurso.

TERCEIRO.- A non se apreciar temeridade ou mala fe, non procede efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional.

VISTOS os artigos citados e demais de pertinente aplicación,


FALLAMOS:


 
Que REXEITÁMO-LO recurso contencioso-administrativo interposto por D. Saturnino contra a resolución de 30.11.2007 do TEAR (Liquidación IVE ano 2006, exped. NUM000). Sin efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais.

Notifíqueselles ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Publicación.-A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA ao estar celebrando audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, vinte e sete de xaneiro de dous mil dez.


Este documento reproduce el texto oficial distribuido por el Centro de Documentación Judicial (CENDOJ). Lex Nova se limita a enriquecer la información, respetando la integridad y el sentido de los documentos originales.
Compartir por email
Imprimir
 
 
 
Oh happy Ley
Workshop Fiscalidad Madrid
Curso Incibe
III Congreso Compliance
 
Foros de formación