Thomson Reuters
 
 
Asesoría & Empresa, tu portal de actualidad
Buscar
 
 
 
 
 
Legislación
 
 
Compartir por email
Imprimir
 
 



ORDE DO 28 DE MARZO DE 1985, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE APOIO Á CREACIÓN DE EMPREGO EN GALICIA, A TRAVÉS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS (DOG DE 30 DE ABRIL)


 

A constitución e o mantemento das sociedades Cooperativas da Comunidade Autónoma de Galicia, como fórmula de creación de emprego en determinadas actividades pasa por poñer a disposición destas as debidas canles económicas e financeiras que lles permitan o mellor desenvolvemento.

O Real Decreto 1928/1984, do 12 de setembro, regula o traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia da Unidade Administradora do Fondo Nacional de Protección o Traballo.

A Orde do 12 de marzo de 1985 determina, segundo o preceptuado no punto 1.º do apartado c) do anexo I do Real Decreto 1928/1984, os diversos programas de apoio á creación de emprego.

Na súa virtude, esta Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración, conforme o Decreto 168/1984, do 25 de novembro, ven dispoñer:


Artículo 1.-Os programas que vai desenvolve-la Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración, no exercicio presupostario de 1985, para o apoio á creación de emprego en Galicia, a través de Cooperativas e Sociedades Laborais, serán os seguintes:

Programa I: Subvencións financeiras.

Programa II: Asistencia técnica.

Programa III: Formación e promoción cooperativa e comunitaria.


PROGRAMA I

Subvencións financieras


Artículo 2.  Finalidade.-A finalidade deste programa é facilitar apoio financeiro ás inversións que promovan en Galicia a creación e/ou o mantemento de postos de traballo nas entidades que se sinalan no artículo seguinte e subvenciona-la asistencia técnica, formación e promoción cooperativa e comunitaria que mellore a xestación das mesmas e contribúa ó desenvolvemento da economía social.


Artículo 3.  Beneficiarios.-1.  Poderán ser beneficiarios de subvencións financeiras:

a)  As cooperativas de traballo asociado e/ou os seus socios traballadores.

b)  As sociedades laborais e/ou os seus socios traballadores.

c)  As cooperativas de explotación comunitaria da te- rra, e

d)  As cooperativas de segundo grado integradas maioritariamente por cooperativas de traballo asociado.

2.  Únicamente a efectos destas normas, entenderase por sociedade laboral aquela sociedade mercantil que cumpra os seguintes requisitos:

- Que os traballadores sexan propietarios do 50 por 100 do capital social, como mínimo.

- Que ningún dos socios teña máis do 25 por 100 do capital social.

- Que os títulos representativos do capital social sexan nominativos.

- Que os títulos representativos do capital recollan no seu texto as limitacións que para a súa transmisibilidade establezan os estatutos sociais.

- Que os títulos representativos do capital propiedade dos traballadores só poidan transmitirse a outros traballadores da mesma sociedade.


Artículo 4.  Cálculo da subvención e aplicacións.-A subvención será, como máximo, de seis puntos do tipo de interés fixado pola entidade de crédito, pública ou privada, que conceda o préstamo ó solicitante, pagable dunha soa vez, nunha contía calculada como se a subvención se tivese dereito a percibir cada ano da duración do mesmo, incluíndo o posible período de carencia, e destinarase obrigatoriamente a unha destas aplicacións:

a)  A amortización parcial do principal practicando a entidade prestamista, sobre a cantidade viva restante, o oportuno cadro de amortización.

b)  A constitución pola entidade prestamista dun fondo especial con tódalas subvencións, no que serán cargados conforme se vaia tendo dereito a percibi-los xuros da operación, os importes correspondentes da subvención calculada. Cos rendementos obtidos polo devandito fondo, crearase unha conta de previsión de falidos, que terá como obxecto reduci-lo importe dos posibles falidos, que serán cargados na mesma. O saldo sobrante, se o houber, da citada conta, será propiedade do Tesouro Público, ó cal se lle transferirá.


Artículo 5.  Entidades de crédito.-Os préstamos para ser subvencionables, deberán ser concedidos por aquelas sociedades de crédito que teñan subscrito un convenio con tal obxecto, e terán como destino a financiación de inversións que creen ou manteñan emprego estable mediante a realización de proxectos empresariais viables.

Os mencionados convenios, dos que se dará adecuada publicidade ós interesados polas Delegacións Provinciais desta Consellería, establecerán as condicións dos préstamos e os requisitos que se deberán cumprir para a súa solicitude e posible concesión e a forma concreta de tramitación e aplicación da subvención financeira.


Artículo 6.  Criterios para a concesión de subvencións.-As resolucións sobre as solicitudes das subvencións financeiras que contempla este programa adoptaranse tendo en conta os seguintes criterios:

a)  A incidencia social e sobre o emprego dentro do entorno xeográfico no que desenvolva a súa actividade a empresa.

b)  A non contravención das políticas e medidas de reconversión industrial, no seu caso.

c)  A organización e xerencia da que dispoña a empresa, así como a adecuación en dimensión e capacidade da súa plantilla.

d)  As aportacións económicas e laborais á empresa dos socios traballadores, especialmente cando recibisen indemnizacións e/ou prestacións das distintas Administracións ou das empresas ás que pertencesen.

e)  A situación dos débitos que puidesen existir por parte da entidade solicitante coa Seguridade Social e a Facenda Pública, de xeito que se facilite o cumprimento das obrigas que teñan contraídas.


PROGRAMA II

Asistencia técnica


Artículo 7.  Beneficiarios.-Poderán ser beneficiarios de subvencións para asistencia técnica:

a)  As cooperativas de traballo asociado e as sociedades e/ou os traballadores que as vaian constituír.

b)  As cooperativas de segundo grado, integradas maioritariamente por cooperativas de traballo asociado.

c)  As cooperativas de explotación comunitaria da te-rra, e

d)  As asociacións e agrupacións de cooperativas e/ou sociedades laborais.


Artículo 8.  Modalidade e contía da subvención.-1.  A asistencia técnica poderá consistir nalgunha das modalidades seguintes:

- Selección e/ou contratación de directores, xerentes ou técnicos.

- Estudios de viabilidade e organización, diagnose e outros de natureza análoga.

- Estudios precisos para a obtención de financiación.

- Auditorías e informes económicos.

- Asesoramento das diversas áreas da actividade empresarial.

2.  A asistencia técnica poderá ser concedida de oficio ou a instancia de parte, podendo realizarse con carácter individual ou conxuntamente cun sector, grupo ou comarca. A asistencia técnica de oficio poderase outorgar, cando o estudio do expediente o demande, principalmente para estudios de viabilidade, auditorías e asesoramento. O custo de asistencia técnica poderá ser subvencionado na súa totalidade pola Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración, cando sexo promovido de oficio; no caso contrario, subvencionara se ata un máximo do 50 por 100 do custo do servicio.

A asistencia técnica será prestada por empresas ou persoas físicas especializadas e que reúnen garantías de solvencia profesional.


PROGRAMA III

Formación e promoción

Cooperativa e comunitaria


Artículo 9.-1.  A Consellería de Traballo, Seguridade Social Emigración poderá financia-la formación e promoción cooperativa e comunitaria dos socios de cooperativas e sociedades laborais e daqueles traballadores que vaían integrar estas sociedades así como as actividades encamiñadas á difusión do cooperativismo.

2.  As accións que se subvencionarán serán de tres tipos:

a)  Actividades educativas tipificadas:

- Xoniadas de información cooperativa.

- Cursos de cooperativismo e xerencia cooperativa.

- Cursos monográficos.

b)  Actividades non tipificadas:

Congresos, mesas redondas, seminarios, apoio da presencia do cooperativismo en mostras ou certames, investigación cooperativa, documentación e outras similares.

c)  Actividades de fomento do asociacionismo cooperativo.

As referidas accións poderanse desenvolver mediante concertos ou convenios con terceiros.


NORMAS DE PROCEDEMENTO

1.-As solicitudes de subvencións financeiras que se contemplan nesta Orde, tramitaranse a través da entidade prestamista, ás Delegacións Provinciais desta Consellería.

As devanditas solicitudes formularanse nos impresos que editará a Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración, ós que acompañará a documentación complementaria que nos mesmos se indique.

2.-As Delegacións Provinciais correspondentes remitirán ós Servicios Centrais desta Consellería, no prazo máximo de dez días, os expedientes ós que se fai referencia no apartado anterior xunto co seu informe, no que se pronunciará, como mínimo, sobre os aspectos que se establezan no formulario que se deseñe para este fin e no que se sinalarán as peticións que se realizasen de documentación complementaria ou novos datos e aportación ou non dos mesmos.


DISPOSICIÓN COMÚN


1.-As propostas de resolución das axudas concesivas regula a presente disposición estarán elaboradas de xeito que quede determinada claramente a aplicación que se vai dar a aquelas que permitan un eficaz seguimento e control.

2.-Sen prexuício das competencias da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración, o seguimento e control das azudas citadas realizarase polas Delegacións Provinciais de Traballo, e Seguridade Social e Emigración, a través da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dentro do seu ámbito territorial.


DISPOSICIONES FINALES



Disposición final primera.-Autorizase á Dirección Xeral de Traballo a desenvolve-las normas de procedemento de tramitación das axudas que dispón a presente Orde.


Dispoción final segunda.-A presente disposición entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O que ile comunico ás VV. II. para o seu coñecemento e efectos.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1985.

Compartir por email
Imprimir
 
 
 
 
Oh happy Ley
Tu formación puede salirte gratis
Dossier productos tóxicos
III Congreso Compliance
 
Foros de formación